A
Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense é unha entidade local constituída durante o ano 2007 que está integrada por 10 Concellos, que abranguen unha poboación aproximada de 24.000 habitantes e unha extensión de 597 kilómetros cadrados.
- Baños de Molgas
- Esgos
- Maceda
- Nogueira de Ramuín
- Paderne de Allariz
- Parada de Sil
- Pereiro de Aguiar
- San Cibrao das Viñas
- Xunqueira de Ambía
- Xunqueira de Espadañedo
A Mancomunidade é titular dos servizos públicos seguintes:
-
Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos (RRSU) nos concellos de Baños de Molgas, Esgos, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz,Parada de Sil, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo.
-
Punto Limpo situado no Concello de Xunqueira de Espadañedo. Os puntos limpos son recintos situados no entorno das cidades, vilas, pobos e aldeas e que teñen o obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.
Os obxectivos do punto limpo son os seguintes:
-
Recupera-los materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
-
Evita-lo vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
-
Separa-los residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc.
-
Mini-empacadora situada no Concello de Maceda.
-
Obradoiros de emprego de 3 concellos pertencentes á Mancomunidade (Esgos, Nogueira de Ramuín e Paderne de Allariz).
Os Obradoiros de Emprego (OE) son programas públicos de emprego - formación que teñen como finalidade a inserción laboral dos desempregados de vintecinco ou máis anos de idade, mediante a cualificación en alternancia coa práctica profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social.
-
Inmersión no "Proxecto de implantación de servizos de e-administración locais para o achegamento da cidadanía á SI"
O proxecto de cidades dixitais, consta de actuacións subvencionadas pola Consellería de Innovación e Industria, a través do Plan Avanza, encamiñado á achegar as novas tecnoloxías da información e a comunicación á cidadanía dos dez concellos que compoñen a mancomunidade.